Cooperativa Xallas

Xallas informa 3

13 de junio de 2013

Volvemos recordarvos a importancia que ten realizar os pedidos antes do Venres ás 12 do mediodía para poder organizar as rutas e que os camioneiros poidan facer o seu paro obrigado de 45 horas seguidas semanais.

A partir do mes de Abril a cooperativa dispoñerá de páxina web, este moderno instrumento cuxo uso se estende cada vez máis no medio rural serviranos como plataforma de comunicación entre socios, clientes, traballadores e xunta reitora. En www.cooperativaxallas.com poderedes ver, ademais das publicacións anteriores de Xallas Informa, outras noticias relacionadas coa actividade gandeira e agrícola, así como información de produtos á venda na nosa nova tenda, arquivo fotográfico, etc...

Na próxima primavera comezamos o concurso de silos de pradaría, para incentivar a mellora desta forraxe conservada nas nosas explotacións. As bases poderédelas atopar no número anterior de Xallas Informa ou na nosa páxina web a partir de Abril.

A cooperativa vende unha sementadora SEMEATO S-13 de sementeira directa, para calquera consulta podedes chamar a Ricardo Prol ao teléfono 676 97 50 67.

VOLVER A LISTADO