A Cooperativa Xallas ven de instalar no teito do almacén placas solares para facer máis eficiente e sostible e, polo tanto, máis rendible economica e medioambientalmente o proceso de fabricación nas nosas instalacións.
Esta mellora tan importante para as nosas socias e socios fixose co apoio do INEGA (Instituto Enerxético de Galicia), a Xunta de Galicia e a confinanciación cos fondos FEDER da Unión Europea, dentro do marco de axudas da
Convocatoria de Subvencións do Instituto Enerxético de Galicia a proxectos de Enerxía Fotovoltaica, ano 2020-2021
Esta operación está cofinanciada pola Unión Europea Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020.
Con estas axudas cofinanciadas polo FEDER, o INEGA e a Xunta colaboran para conseguir unha economía máis limpa e fan a empresas sociais coma a nosa, máis respetuosas co medio ambiente e máis rendibles para as nosas socias e socios.